domingo, 26 de maio de 2013

WEBCLUE sobre Vidal Bolaño

Desde o C.E.E. Terra de Ferrol comparten esta webclue para investigar sobre Vidal Bolaño. Unha webclue é unha actividade na que tés que facer de detective, e averiguar algo sobre un tema seguindo pistas. Premendo na imaxe, podes acceder á entrada do blog do "Terra de Ferrol".


Canción e video

De entre os moitos videos que circulan pola rede sobre Vidal Bolaño, este é un dos mellores resumos para rematar o mes de Maio. Nunca é tarde para enriquecer o que xa sabemos sobre este autor. Disfrutádeo.

mércores, 15 de maio de 2013

Eis unha guía de lectura compartida desde as Bibliotecas Municipais de A Coruña, por se queredes ampliar coñecementos:
Grazas á Libraria Suevia por compartir.

venres, 10 de maio de 2013

Liña do Tempo

Para ter unha perspectiva xeral da vida e a obra de Vidal Bolaño, o IES San Paio de Tui comparte con nós esta liña do tempo:


luns, 29 de abril de 2013

Busca do tesouro

Desde o C.E.I.P. "Condesa de Fenosa" elaboraron esta busca do tesouro para averiguar canto sabes do autor ao que se lle adican as Letras Galegas este ano. Preme na imaxe se queres comezar.

Prezi desde o C.E.I.P. Condesa de Fenosa

Un PREZI é unha aplicación que sirve para comunicar información visual de forma secuenciada e amena. No C.E.I.P. "Condesa de Fenosa" do Barco de Valdeorras, prepararon este para que poidamos aprender. Recolleron os datos na páxina da Real Academia Galega e no libro "Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño" , dispoñible na nosa biblioteca.

Recursos Abalar

Para o alumnado da aula Abalar, os nenos e nenas de 5º, dispoñen destes recursos para investigar: